LEDICIA COSTAS%>

LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ' ' Un animal chamado néboa ' ' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015 en 2017 " A señorita Bubble " . Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón. ... Leer la biografía completa

Seguido por: 0 | Leído por: 4

Mostrando 1 a 10 de 21 resultados

$329.00

$329.00

(Tapa blanda)

En formato eBook

2ª mano desde

$299.00

$299.00

(Tapa dura)

En formato eBook

2ª mano desde

$299.00

$299.00

(Tapa blanda)

2ª mano desde

$299.00

$299.00

(Tapa blanda)

En formato eBook

2ª mano desde

$299.00

$299.00

(Tapa blanda)

En formato eBook

2ª mano desde

$299.00

$299.00

(Tapa blanda)

En formato eBook

2ª mano desde

$299.00

$299.00

(Tapa dura)

En formato eBook

2ª mano desde

$379.00

$379.00

(Tapa dura)

2ª mano desde

$299.00

$299.00

(Tapa blanda)

2ª mano desde